No DOG do 30/07/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo funcionpublica. xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba que tivo lugar o 28 de xuño de 2026, correspondente ao primeiro exercicio no portal web da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta