No DOG do 30/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados en virtude da Resolución do 12 de xuño de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza: escalas de arqueólogos, técnica de restauración, técnica de delineantes, de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, técnica de arquivos, bibliotecas e museos, e auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.

O prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 15 de setembro de 2026.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 16 de setembro de 2026.