No DOG do 30/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva das persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza na epígrafe de concurso de traslados (https://www.xunta.gal/funcion-publica/ concurso-de-traslados/consulta).
A relación de persoas solicitantes excluídas figura no anexo desta resolución.