No DOG do 06/08/26, publican a Resolución o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola (Resolución do 9 de decembro de 2025), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.
- Superaron o segundo exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos
- As persoas aspirantes poderán presentar alegacións que consideren ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles
- As persoas que superaron o segundo exercicio dispoñen de 10 días hábiles para a documentación xustificativa de exención do exercicio de galego