No DOG de hoxe, 17/08/26 publícanse varias resolucións polas que se nomean e se lles adxudica destino definitivo a persoal funcionario de varias escalas:
Psicoloxía
Medicina
Terapia ocupacional
Enfermaría
Fisioterapia
Traballo social
Educación social
Auxiliares de clínica
O prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 30 de setembro de 2026.
Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) ou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) será de quince (15) días naturais a partir do 1 de outubro de 2026, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.