No DOG de hoxe, 31/08/26 publícanse dúas modificacións dos actos de elección de destino de de dúas escalas:

  • RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2026 pola que se modifica a Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos convocados pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro) e polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).
  • RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2026 pola que se modifica a Resolución do 10 de agosto pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou os procesos selectivos convocados pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro) e pola Resolución do 14 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).