No DOG do 31/08/26 publícanse as correccións de erros das resolucións de destinos definitivos:

  • CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia, número 20, do 29 de xaneiro), e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro).
  • CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro).