No DOG do 03/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B e subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), e pola que se lles adxudica destino definitivo a estas persoas.

De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, o prazo de toma de posesión será de quince días naturais a partir do 4 de setembro de 2026.