No DOG do 04/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), e pola que se lles adxudica destino definitivo a estas persoas.

Resolven nomear persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, as persoas aspirantes que superaron os procesos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa Resolución do 20 de agosto de 2026 (DOG núm. 158, do 21 de agosto), e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

O prazo de toma de posesión será de quince días naturais a partir do 7 de setembro de 2026.