No DOG do 07/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2026 pola que se determina a data de efectos da modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, aprobada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de xuño de 2026.

A data a partir da cal produce efectos a dita modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza será a do 15 de setembro de 2026.