No DOG do 07/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 12 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.