No DOG do 08/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 12 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 1, 18 e 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.