No DOG do 11/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.