No DOG do 16/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1, e no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C2, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Para acceder á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitiralles ás persoas aspirantes unha mensaxe electrónica co usuario e a clave de acceso á aplicación de cada un dos procesos selectivos.

No prazo máximo de dous días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.