No DOG do 18/09/2026 a AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA publica o ANUNCIO do 11 de setembro de 2026 polo que se dá conta da publicación na páxina web desta axencia da Resolución do 13 de maio de 2026 pola que se abre un período de actualización de méritos e para a incorporación de novos aspirantes ás listas propias para a contratación temporal de persoal investigador.

De conformidade coa indicación previa, as bases do proceso de actualización das listas de contratación de persoal investigador atópanse dispoñibles no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://agacal.xunta.gal/ gl/institucional/persoal

Establécese un prazo de presentación de solicitudes de incorporación ou actualización de méritos nas listas A e C de vinte días naturais, contados desde as 00.00 horas do día seguinte ao da publicación do anuncio da resolución no Diario Oficial de Galiza, ata as 23.59 do vixésimo día natural posterior.