No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, na epígrafe «Resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.