No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Desestiman na súa totalidade as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio, de forma que se manteñen as puntuacións dispostas ao abeiro da Resolución deste tribunal do 20 de xullo de 2026.
O segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 6 de outubro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.