No DOG do 02/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo, subgrupo C1, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.
Publican no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes con relación ao primeiro exercicio deste proceso selectivo.
De acordo co disposto na base II.1.1.2 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación xustificativa de que están en posesión do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Esta acreditación deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe «Expediente-e:Idiomas-Galego».
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que deben realizar a proba por falta de acreditación do coñecemento do idioma galego.