No DOG do 21/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 22, do 25 de novembro).
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 27 de xuño de 2026, correspondente ao primeiro e ao segundo exercicio do proceso selectivo.
De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).
De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, en relación co terceiro exercicio (idioma galego), estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
O prazo de acreditación referido no parágrafo anterior será de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, e deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe «Expediente-e: Idiomas-Galego».