No DOG do 21/10/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de vixilancia de estradas, convocado mediante a Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 24 de outubro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de mobilidade, convocado mediante Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 24 de outubro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.