No DOG do 28/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e corpo administrativo, escala de persoal de servizos xerais (PSX), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2026.
Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.
As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions co NIF e co código da reclamación formulada.
Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.