No DOG do 29/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 3 de novembro, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4, Fontiñas.