No DOG do 29/10/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica; no corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspección turística; no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística; no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, escala técnica de delineantes e escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de animación sociocultural, e no corpo administrativo, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades mobilidade e vixilancia de estradas.
- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidades de enxeñaría industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes; no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidades de e no enxeñaría técnica agrícola e enxeñaría técnica forestal, corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo.
Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo de selección da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 981 54 54 78, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.