No DOG do 05/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira, pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, coa puntuación obtida. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, a persoa aspirante que superou o proceso selectivo disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.