No DOG do 05/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se lle dá destino definitivo ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galiza número 68, do 9 de abril).
De conformidade co disposto na Lei 27/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.