No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.