No DOG do 13/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos e bibliotecas, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos.
- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
As persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.