No DOG do 13/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso do proceso selectivo a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao que accederán a través da canle do emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta», rematará aos dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.