No DOG do 18/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de condución, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicios eliminatorios e obrigatorios do proceso selectivo e da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

O primeiro e segundo exercicios eliminatorios e obrigatorios do proceso selectivo terán lugar o 21 de novembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas núm. 1 e 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

A proba de acreditación do coñecemento da lingua galega terá lugar o día 24 de novembro de 2026, ás 17.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, convocado mediante a Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicios eliminatorios e obrigatorios do proceso selectivo e da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

O primeiro e o segundo exercicios eliminatorios e obrigatorios do proceso selectivo terán lugar o 21 de novembro de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e na aula nº 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

A proba de acreditación do coñecemento da lingua galega terá lugar o día 24 de novembro de 2026, ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento, convocado mediante a Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicios do proceso selectivo e da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

O primeiro e o segundo exercicios da oposición terán lugar o día 22 de novembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 18 e 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

A proba de acreditación do coñecemento da lingua galega teña lugar o 24 de novembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 17.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado mediante a Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicios do proceso selectivo e da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

O primeiro e o segundo exercicios da oposición terán lugar o día 22 de novembro de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e na aula 19 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

A proba de acreditación do coñecemento da lingua galega teña lugar o 24 de novembro de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).