O 21 de decembro de 2010, Función Pública presentou unha nova proposta de reforma das instrucións de funcionamento dos tribunais de selección.

As novas modificacións introducidas pola Administración, por proposta das OOSS, inclúen:

  • A clarificación do ámbito de aplicación das instrucións:  procesos selectivos de persoal funcionario e laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e dos seus organismos autónomos e demais entidades públicas cuxa selección estea encomendada a dirección xeral competente en materia de función pública.
  • Proponse a implicación da comisión técnica de seguimento e mellora dos procesos selectivos (con presencia das organizacións sindicais) na decisión sobre o modo de fotocopiado cando os medios propios da Administración non sexan suficientes.
  • Proponse a inclusión dun novo sistema de revisión de dos exercicios, para garantir a obxectividade da corrección.

No entanto, Función Pública continúa sen presentar ningunha proposta a reforma do sistema de designación dos membros dos tribunais, factor que a CIG considera de importancia fundamental para avanzar na mellora dos procesos selectivos.

Para descargar a proposta da Administración, premer aquí.