Xa temos a resposta ao noso escrito pedindo a recusación de parte do tribunal do A1 Informática. Función Pública escúdase nun montón de xurisprudencia e informes xurídicos (curiosamente da casa) para dicir que eses nomeamentos cumpriron a legalidade pero que aínda así aceptaron as renuncias das persoas implicadas.

Está claro que normativamente non hai nada que impedira que ese tribunal seguise adiante pero é de sentido común que as normas non son perfectas. A situación, de manterse,  impediría un normal desenvolvemento do proceso. Por iso resulta tan necesario desenvolver un regulamento que garanta a transparencia dos procesos selectivos dun de xeito efectivo.

Neste senso a CIG xa propuxo unha solución para estas situacións na súa proposta de decreto de modificación do regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Claro que a nosa proposta choca de xeito frontal coa obstinación da Administración de que a designación do tribunal siga a ser política.

Descarga a resposta de Función Pública