O TSXG desestima o conflito colectivo polas condicións de traballo do persoal de limpeza dos centros de ensino: por que si, e punto!
A CIG interpuxo un conflito colectivo pola modificación substancial das condicións de traballo do persoal de limpeza dos centros de ensino e a Sala do Social do TSXG en novembro do ano pasado declarou a incompetencia da xurisdición social para xulgar a legalidade do apartado 4.1 Medidas Xerais de Limpeza do Protocolo Covid.
Como, segundo o xuíz, estariamos ...
Fronte quen poda pensar que non é o momento de mobilizarse, dende o feminismo de clase consideramos que é máis necesario ca nunca manifestarnos e combater nas rúas os ataques aos nosos dereitos. Porque os dereitos das mulleres non poder seguir estando confinados, temos que esixir medidas reais contra a precarización nas nosas vidas. É imprescindible visibilizar e frear o detrimento que as mulleres soportaron das condicións laborais, de saúde, económicas e sociais a causa desta crise. É ...
Un 8 de marzo máis as traballadoras da Administración autonómica seguimos agardando polo Plan de igualdade mentres a Xunta adícase a facer propaganda institucional
Nun novo intento para elaborar un plan de igualdade na Xunta, logo de que a CIG volvera a esixilo, o pasado 23 de decembro constitúese a Comisión Negociadora para a elaboración do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que abrangue arredor de 23.000 empregadas e empregados públicos. Na mesma sesión presentouse unha proposta de ...
Para a súa elección de destino, que será provisional, retira prazas aplicando uns criteriois que a CIG non comparte. Función Pública non chegou a dar resposta ás últimas alegacións presentadas pola CIG.
As persoas que superaron os procesos selectivos de camareiro/a-limpador (acceso libre e promoción interna), e auxiliar de enfermaría (promoción interna), están convocadas a escoller destino. A Dirección Xeral de Función Pública publicou no DOG do martes 2 de marzo o listado de prazas que ...
A CIG está a recoller sinaturas para unha Iniciativa non de lei que obrigue ao Parlamento de Galiza a debater sobre a creación dun sistema público de atención ás persoas.
A crise sanitaria derivada da pandemia do COVID-19 puxo máis de manifesto ca nunca a necesidade de poñer os coidados na prioridade das políticas públicas e, por tanto, a urxencia de investimento público en servizos de atención ás persoas.
Dende a CIG levamos anos denunciando a situación, tanto laboral como ...
O evidente caos que se está a producir co comezo das vacinacións nos centros educativos xera unha gran alarma xa que de seguir así haberá centros onde haxa parte do persoal vacinado e outra parte pola contra sin vacinar, poñendo así en risco a toda comunidade educativa.
Para a CIG-Autonómica debe ser un criterio axustado a prevención do risco laboral que é a covid, tendo en conta tanto o mantemento de todo o servizo educativo como o factor sanitario e por suposto a dispoñibilidade de ...
Poñemos a túa disposición o folleto de retribucións para o ano 2021 do persoal funcionario e laboral ao servizo da Administración autonómica de Galiza.
A CIG reparte o folleto de retribucións en papel impreso todos os anos. No ano 2020 tivemos que interrumpir o reparto por mor do confinamento. Este ano 2021 non o imprimimos tamén pola pandemia. Pero poñémolo a túa disposición en arquivo informático por se queres consultalo e conservalo.
Agardamos que para o ano 2022 a cousa estea xa ...
A Consellería do Medio Rural privatiza a tramitación de solicitudes de cortas de uso doméstico para deixala en mans dunha empresa privada, coa conseguinte perda do servizo público para as persoas administradas.
O recente anuncio por parte da Consellería do Medio Rural da tramitación dos permisos de uso domestico a través do teléfono 012, que ademais é un teléfono de pago con custe, é unha clara privatización do servizo. Con anterioridade a xuño de 2020 (momento de entrada en vigor do ...
A Dirección Xeral de Función Pública emitíu unha nota informativa coa previsión das datas e lugares de realización dos primeiros exercicios dunha serie de procesos selectivos que están paralizados por mor do covid-19.
A primeira previsión fixa o día 14 de marzo e Silleda como a data e lugar de realización dos seguintes primeiros exercicios:
A CIG denuncia os efectos negativos nas condicións laborais do persoal da Xunta e a perda da independencia no réxime de informe e autorización dos proxectos con impacto no territorio.
O PP empregou a vía de emendas do seu propio anteproxecto para introducir, a calada e sen debate parlamentario, unha serie de medidas que afectan directamente as condicións laborais do persoal empregado público da Xunta. Ampárase na crise da Covid, cun discurso de falsa simplificación administrativa, para ...
A CIG solicita a cobertura urxente de vacantes do servizo de gardacostas para que se poda realizar a vixilancia contra o furtivismo, a loita contra a contaminacion mariña e o salvamento pesqueiro.
As preto de 150 persoas empregadas públicas do servizo de gardacostas encárganse da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño e da importantísima loita contra o furtivismo. A falla de persoal pola non cobertura das vacantes, das baixas, vacacións e descansos fai que haxa ...
Xa todas sabemos como traballa o Partido Popular de Galiza, gañan eleccións dopados de orzamentos irregulares mediante diñeiro negro xestionado en caixas B. Pódeno testemuñar Naseiro, Crespo, Bárcenas..
Este diñeiro tamén permite “untar” as rotativas dos medios de comunicación, o que, combinado co férreo control dos medios públicos, facilita o lavado de cara de persoas que se nos presentan como “xestores” cando non son máis que lacaios ou mercenarios dos grandes grupos empresariais.
Agora ...