Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e recuperar e mellorar os dereitos do V Convenio colectivo.
Con estas protestas simultáneas, a CIG dá continuidade ...
Tal e como anunciamos nas Asembleas realizadas por todo o País, o vindeiro martes día 30 de setembro ás 11 horas, convocamos diante do edificio Adminitrativo de San Caetano en Compostela unha concentración para deixarlle ben claro a esta Adminsitración que necesitamos solucións XA para os concursos de traslados:
O obxectivo é a elaboración dunha alternativa que concrete os incumprimentos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), así como dos acordos nacionais e internacionais que amparan o galego, e propoña accións concretas que comprometan a colectivos sociais e institucións na súa execución, partindo dos acordos unánimes.
Coa finalidade de acadar avances na normalización da nosa lingua e garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos, acadáronse e ...
No día de onte, martes 23 de setembro as funcionarias e funcionarios da Xunta de Galiza participamos nas Asembleas convocadas pola CIG en todo o País para deixarlle claro a esta Adminsitración que necesitamos solucións XA para os concursos de traslados.
Seguiremos moblizándonos nos próximos días para dicirlle ben alto á Adminstración que queremos:
Prezada compañeira, prezado compañeiro:
Fartas xa desta Adminstración Pública que ningunea e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á concentración que terá lugar o vindeiro día mércores 1 de outubro ás 19 horas diante das xefaturas territoriais de educación.
Podes descargar a táboa reivindicativa que fomos traballando con todas e todos vos e que lles imos propoñer á Administración como punto de partida en prol de acadar un acordo para todo ...
Co grande problema que estamos a ter cos concursos de traslados e as tomas de posesión, a administración non ten idea mellor que xunto coa RPT onde se crean postos para dar solución á falta de prazas e ás medidas cautelares, traernos a estratosférica suba do específico dos letrados ao nivel supertrinta, a ver se cola.
Isto sucedeu na mesa sectorial do día 22/09/2025 e o obxecto dela, era, ademais de para facer unha pequena pero indignante modificación da RPT, dar solución a dous problemas ...
A CIG convídache a asistir ás asembleas o 24 de setembro en Lugo e Ferrol, o 29 de setembro na Coruña, Monforte e Burela, e o 2 de outubro en Compostela. Proximamente informarémosche das asembleas que estamos a preparar noutras localidades.
Dende a CIG poñemos en coñecemento de todas as empregadas e empregados públicos da Administración da Xunta de Galiza as horas e lugares onde sen van a celebrar as asembleas do martes 23 de setembro.
Apróbase, sen as limitacións pretendidas, o Real Decreto 817/2025 polo que se aproba o coeficiente redutor da idade de xubilación do 0,20 con mínimo 15 anos cotizados, de bombeira/o forestal.Este era un obxectivo dende fai anos a loita da CIG para acadar a categoría Bombeiro Forestal, para acadar así a profesionalización das traballadoras e traballadores que estaban encadrados de forma inadecuada na Seguridade Social, coas implicacións negativas que tiña para o colectivo. Loxicamente ...
O venres 12 de setembro tivemos unha xuntanza coa directora xeral de Emprego Público na que explicou a solución que propoñen para desbloquear o concurso de traslados de enxeñerías, arquitecturas e ciencias, afectados por medidas xudiciais. A idea de duplicar postos só afecta aos 8 postos afectados por medidas cautelares e non se estende a máis postos nin máis concursos. Tampouco propón ningunha outra medida efectiva para axilizar os concursos de traslados.
Ante isto compren novas ...
Emprego Publico convocounos a unha reunión o venres 12/09/2025 para dar explicacións sobre a solución que lle quere dar ao bloqueo do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias:
• Das 292 persoas dos concursos de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, tomarán posesión todas menos as 8 persoas que teñen adxudicados postos afectadas por medidas cautelares, que o farán mediante unha resolución posterior sobre postos similares e con carácter de destino definitivo.
• Para iso requírese a ...