Venres, 03 Outubro 2025
A CIG demanda unha prelación xusta, axilidade na resolución, máis medios e a duplicidade dos postos bloqueados por medidas xudiciais
Traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza concentráronse na mañá do martes 30 de setembro de 2025 diante do edificio administrativo de San Caetano para esixir unha solución inmediata aos concursos de traslados, paralizados dende hai anos. Con esta protesta, convocada pola CIG, reclamamos que se garanta unha prelación xusta de dereitos na provisión ...
Xoves, 02 Outubro 2025
Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e recuperar e mellorar os dereitos do V Convenio colectivo.
Con estas protestas simultáneas, a CIG dá continuidade ...
Xoves, 25 Setembro 2025
Tal e como anunciamos nas Asembleas realizadas por todo o País, o vindeiro martes día 30 de setembro ás 11 horas, convocamos diante do edificio Adminitrativo de San Caetano en Compostela unha concentración para deixarlle ben claro a esta Adminsitración que necesitamos solucións XA para os concursos de traslados:
- Que se garanta unha xusta prelación de dereitos na provisisión de postos
- A axilización dos concursos multiplicando XA medios humanos e materiais
- Ante as medidas cautelares que ...
Mércores, 24 Setembro 2025
O obxectivo é a elaboración dunha alternativa que concrete os incumprimentos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), así como dos acordos nacionais e internacionais que amparan o galego, e propoña accións concretas que comprometan a colectivos sociais e institucións na súa execución, partindo dos acordos unánimes.
Coa finalidade de acadar avances na normalización da nosa lingua e garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos, acadáronse e ...
Mércores, 24 Setembro 2025No día de onte, martes 23 de setembro as funcionarias e funcionarios da Xunta de Galiza participamos nas Asembleas convocadas pola CIG en todo o País para deixarlle claro a esta Adminsitración que necesitamos solucións XA para os concursos de traslados.
Seguiremos moblizándonos nos próximos días para dicirlle ben alto á Adminstración que queremos:
- Que se garanta unha xusta prelación de dereitos na provisisión de postos
- A axilización dos concursos multiplicando XA medios humanos e ...
Mércores, 24 Setembro 2025
E_Prezada compañeira, prezado compañeiro:
Fartas xa desta Adminstración Pública que ningunea e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á concentración que terá lugar o vindeiro día mércores 1 de outubro ás 19 horas diante das xefaturas territoriais de educación.
Podes descargar a táboa reivindicativa que fomos traballando con todas e todos vos e que lles imos propoñer á Administración como punto de partida en prol de acadar un acordo para ...
Martes, 23 Setembro 2025Co grande problema que estamos a ter cos concursos de traslados e as tomas de posesión, a administración non ten idea mellor que xunto coa RPT onde se crean postos para dar solución á falta de prazas e ás medidas cautelares, traernos a estratosférica suba do específico dos letrados ao nivel supertrinta, a ver se cola.
Isto sucedeu na mesa sectorial do día 22/09/2025 e o obxecto dela, era, ademais de para facer unha pequena pero indignante modificación da RPT, dar solución a dous problemas ...
Venres, 19 Setembro 2025
A CIG convídache a asistir ás asembleas o 24 de setembro en Lugo e Ferrol, o 29 de setembro na Coruña, Monforte e Burela, e o 2 de outubro en Compostela. Proximamente informarémosche das asembleas que estamos a preparar noutras localidades.
- Incomunicación e denegación de dereitos
- Falla de comunicación co persoal traballador: non se responde por teléfono nin correo electrónico ante cuestións vitais que afectan ao seu día a día laboral e persoal.
- Permisos non xestionados: non contestan ...
Venres, 19 Setembro 2025
Dende a CIG poñemos en coñecemento de todas as empregadas e empregados públicos da Administración da Xunta de Galiza as horas e lugares onde sen van a celebrar as asembleas do martes 23 de setembro.
Venres, 19 Setembro 2025
Apróbase, sen as limitacións pretendidas, o Real Decreto 817/2025 polo que se aproba o coeficiente redutor da idade de xubilación do 0,20 con mínimo 15 anos cotizados, de bombeira/o forestal.Este era un obxectivo dende fai anos a loita da CIG para acadar a categoría Bombeiro Forestal, para acadar así a profesionalización das traballadoras e traballadores que estaban encadrados de forma inadecuada na Seguridade Social, coas implicacións negativas que tiña para o colectivo. Loxicamente ...
Xoves, 18 Setembro 2025
O venres 12 de setembro tivemos unha xuntanza coa directora xeral de Emprego Público na que explicou a solución que propoñen para desbloquear o concurso de traslados de enxeñerías, arquitecturas e ciencias, afectados por medidas xudiciais. A idea de duplicar postos só afecta aos 8 postos afectados por medidas cautelares e non se estende a máis postos nin máis concursos. Tampouco propón ningunha outra medida efectiva para axilizar os concursos de traslados.
Ante isto compren novas ...