Na zona de descargas tes á tua disposición o boletín de servizos centrais do mes de marzo.

Persoal de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta volveu mobilizarse este luns para reclamar un servizo 100% público e único, no que todo o persoal teña as mesmas condicións laborais, se lle garanta a súa saúde e seguridade, que dispoña de dignidade salarial e que traballe todo o ano nas multiemerxencias e colabore na restauración das zonas queimadas. A protesta, convocada pola CIG, coincidiu co remate do contrato de 938 persoas traballadoras do SPIF
A data escollida ...
A Administración volve a insistir cun modelo de carreira que non cumpre as mínimas expectativas nin da CIG nin das persoas empregadas públicas. De todos os problemas, eivas, discriminacións e desigualdade que leva consigo este modelo, e que levamos anos denunciando, non corrixen nin un.
Tráennos, ademais, un texto que foi negociado fóra das mesas e sen a presenza da CIG polas outras organizacións sindicais e isto é o produto desa submisión:
1. Seguen a teimar en que exista prazo para as ...

Xa o advertimos hai meses, a retirada de postos “afectados” do concurso de traslados da escala de veterinarios/as, mostra o que vai pasar no resto de concursos: a desaparición de postos vacantes pola incapacidade da Xunta.
Función Pública ven de publicar en DOG (14/11/25) unha resolución na que abren o prazo para que os compañeiros e compañeiras da escala de veterinarios/as soliciten os postos (vacantes e potenciais vacantes) no seu concurso de traslados. A resolución inclúe un anexo con ...

Baixo o lema «Retroceder en dereitos incrementa a violencia. Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade», a Secretaría das Mulleres da CIG acusa ao Goberno do PP na Xunta de Galiza de amparar comportamentos machistas.
Este 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Secretaría das Mulleres da CIG lanza unha campaña para denunciar a permisividade das condutas machistas nas institucións públicas, reclamar que se revertan os recortes ...

A CIG ten convocadas concentracións para o vindeiro 19 de novembro, ás 11 horas, diante dos edificios da Xunta de Galiza das sete cidades en demanda da incorporación dunha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, pola mellora das condicións laborais e por uns servizos públicos de calidade.
As protestas convócanse no marco do debate parlamentar da lei de orzamentos de Galiza e da lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2026, que non inclúen melloras nas ...

A CIG-Autonómica vén de presentar un conxunto de propostas para a mellora da xestión da extinción de incendios forestais na Galiza e das condicións laborais do seu persoal, logo da vaga de lumes de 2025 e ante a inacción da Xunta, que continúa sen convocar ningunha mesa de negociación.
O documento, que xa foi remitido aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galiza, recolle medidas básicas urxentes e estruturais que abranguen desde o planeamento preventivo e o dimensionamento do ...
O día 04/11/2026 presentamos a nosa proposta de emendas aos grupos parlamentares.
Levamos máis dunha década de recortes e conxelación de dereitos, dos que moitos deles non se recuperaron. Nos novos tempos, os dereitos de conciliación, a mellora horaria, o dereito á mobilidade, o dereito á promoción profesional ou a garantía salarial, parecen cada vez máis asentados noutros ámbitos laborais e noutras administracións, máis non están en moitos casos garantidos para nós.
Recuperar eses ...
Este anteproxecto de lei afecta ás atribucións do persoal funcionario público, xa que contén mecanismos como a externalización de actos administrativos e informes, a redución de prazos de participación pública e informe, a eliminación dos efectos vinculantes dos informes ou o silenciamiento do procedemento.
A Lei de administración ambiental simplificada da Galiza pode directamente supor unha perda de emprego público e de calidade do servizo, máis ao omitir a necesidade dos informes do ...

Estamos a ter asambleas en toda Galiza e a conclusión xa está a ser, sen dúbidas, a necesidade dunha nova mobilización do persoal do SPIF. É por iso que queremos aproveitar a data simbólica do 17 de novembro para mobilizarnos diante do edificio da Xunta en solidaridade cos 938 compañeiros e compañeiras bombeiras forestais que nesa data xa remataron de traballar no SPIF, debido ao comezo da suspensión dos seus contratos.
Noutras comunidades autónomas os gobernos xa melloraron as ...

A Consellaría debe cesar xa ao xerente do Consorcio ante a nova desfeita: seguimos sen ninguén na ponte de mando e case sen tripulación
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir axeitadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi nomeado, afectando a máis de 2000 persoas traballadoras. Ista situación é insostible: ou que o cesen ou que dimita XA!
A ...
CIG-Autonómica denuncia a fuxida de persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) por culpa da xestión da Xunta. A política de persoal e a falta de negociación no AGACAL están a provocar a fuga do talento investigador e a perda de máis dun século de coñecemento agrario galego.
A CIG-Autonómica alerta do desmantelamento planificado que está a sufrir o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), como ...
Na zona de descargas tes á tua disposición o boletín de servizos centrais do mes de marzo.