Inicio
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal.

A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) na tramitación do seu primeiro plan de igualdade: catro horas de formación en ...


Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais

Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal empregado público e para reivindicarlle ao Goberno galego e ao estatal medidas para reverter este ...


Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente.

As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na primeira xuntanza. A ausencia por enfermidade do director xeral e a incapacidade do subdirector para concretar un ...


Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos.

Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos esenciais para a cidadanía e que na súa meirande parte están en mans de empresas privadas pero pagados ...


Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a consellería convocounos a unha xuntanza para tratar de ultimar os cambios.

Despois de que a consellería explique as últimas ...


Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais. 

O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado fóra da mesa de negociación. Na CIG consideramos que este anuncio non pode substituír o diálogo nin pechar un proceso ...


Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos de galego impartidos pola EGAP e converter a media xornada e os 7 meses de traballo do persoal lingüista en xornada ...


Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades específicas de cada centro. 

A CIG leva as tarefas feitas, e  xa enviamos, o que pode ser a  base, para comezar a traballar ...


Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data.

ASUNTO: O que se considere oportuno
CORPO:
Ola,
Precisamos avanzar cara a un sistema público galego de servizos de atención ás persoas, que garanta ...


Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data!

Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente e facer que negocian.

Esta falta derespecto ás organizacións sindicais e ás traballadoras e traballadores é inadmisible.

...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín:

- E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión

- Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF

- Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos)

- Movementos tras o concurso ou destino definitivo

- Persoal non docente: chegou o momento de negociar

Descargar


O obxectivo desta ILP non era outro que “corrixir unha deriva gravemente errónea, inxusta, discriminatoria e, aparentemente pouco meditada, na regulación legal das retribucións dos funcionarios que desempeñaron postos de altos cargos”, segundo explicou Seixo na súa intervención, ou o que é o mesmo, a derrogación da disposición adicional 17ª da lei de Función Pública de Galiza, que foi votada a favor polos grupos parlamentarios o 27 de xullo de 2007, logo de que o PP a introducira como emenda.

Seixo lembrou que esta decisión lexislativa “foi obxecto dunha enorme contestación social, reveladora do distanciamento que nesta materia existe entre a sociedade galega e moitos dos seus representantes políticos” e que subverte “o principio de que o desempeño de cargos públicos ou de designación política non pode converterse nun atranco, pero tampouco nunha vantaxe, para a carreira profesional dos funcionarios”.

O secretario xeral da CIG explicou que do que se trata, xa que logo, é de reintegrar “os servidores públicos que desempeñaron postos de confianza política no réxime ordinario da carreira profesional aplicábel a todo o funcionariado” e non como ocorre desde a aprobación da Lei de Función Pública, onde se recoñece o dereito a cobrar ese plus para aqueles funcionarios que se teñan reincorporado ou se reincorporen, en diante, ao servizo activo logo de ter desempeñado postos coa consideración de altos cargos na Administración galega durante dous anos continuados ou tres con interrupción.

O plus do “super trinta”

Para Seixo, este complemento de destino que se coñece co nome oficioso de “super trinta” revela unha concepción “pouco democrática da Administración e do servizo público”, afirmou, porque asimilar o nivel retributivo dos funcionarios ex altos cargos ao dos directores xerais implica rebordar o límite de trinta niveis legais que integran a carreira administrativa introducindo “un nivel retributivo supremo que só poden atinxir os funcionarios que desempeñen altos cargos –de designación política- e nunca os funcionarios que seguen unha carreira ordinaria, por exemplar e brillante que esta sexa”, trasladándose así o mérito político á orde dos méritos da carreira funcionarial.

Alén diso, o secretario xeral da CIG sinalou que se crea unha profunda fenda entre o funcionariado de carreira e o resto dos cidadáns que non sendo funcionarios públicos desempeñen ou vaian desempeñar nalgún momento das súas vidas cargos públicos ou de representación política. “Estes cidadáns, sexan traballadores da empresa privada desempregados, pensionistas, ou mesmo persoal laboral das propias administracións públicas, non ven recoñecida a súa participación nos asuntos públicos mediante unha retribución como a que se estabelece para o funcionariado”. Unha situación, dixo, que “é incoherente co imperativo do artigo 9.3 da Constitución, que obriga os poderes públicos a facilitaren a participación de todos, sen excepcións nin favoritismos, na vida política”.

Escasa conciencia social

O secretario xeral da CIG denunciou a escasa conciencia social amosada polo Parlamento de Galiza cando aprobou esta disposición adicional, “obviando a realidade dun país en que os salarios da maioría dos traballadores se sitúan por baixo da cantidade prevista para un director xeral só en concepto de complemento de destino”.

Por iso, presentou esta ILP como unha oportunidade para que a cámara galega reconsiderara a súa posición e aprobara unha Iniciativa coa que se pretendía “introducir elementos de racionalidade, xustiza social e austeridade na regulación legal das retribucións dos funcionarios que desempeñaron altos cargos”.

Acumulación de privilexios

Xunto á derrogación do plus de altos cargos, a CIG demandou tamén a derrogación dun anterior privilexio introducido polo artigo 9 da Lei 2/1998 do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión, que permite aos funcionarios que desempeñaron ou desempeñen postos coa consideración de altos cargos, con excepción do persoal eventual, consolidaren de forma acelerada o grao persoal correspondente ao nivel de complemento de destino 30, sempre que pertenzan ao grupo A1; ou ben a gozar do importe equivalente ao dito nivel, en lugar di que puidera pertencerlles conforme ao grupo que corresponda.

A austeridade do goberno

Para reforzar a súa argumentación, respecto da discriminación que supoñen estes plus, Suso Seixo lembrou ao goberno toda unha serie de medidas que se están poñendo en marcha invocando un suposto principio de austeridade. Así, fixo referencia ao cativo incremento retributivo do 0,3% para o conxunto dos empregados públicos, cando máis da metade non alcanzan os mil euros ao mes; a suspensión dos acordos retributivos  pactados co persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; á redución dos orzamentos destinados ao ensino público galego nun 0,9%; á liquidación do sistema de gratuidade universal dos libros de texto; a privatización dos Centros de Día  dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; o desmantelamento das oficinas de I+B, o despedimento das súas traballadoras ou o despedimento dos traballadores/as dos centros públicos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

Actuación, todas elas, que “contribúen a degradar e desmantelar os servizos públicos en ámbitos tan relevantes como a administración xeral, a educación, a sanidade, a asistencia social e a innovación científica e tecnolóxica”.

Modificación da regulación das ILP

A CIG aproveitou tamén a posibilidade que lle brindaba esta comparecencia parlamentaria para defender a necesidade de modificar a vixente Lei sobre o exercicio da Iniciativa lexislativa popular.

Neste sentido, Seixo lembrou que as sinaturas que avalaban a presente ILP foron rexistradas no mes de xuño de 2008, hai 17 meses, sen que até hoxe tivese lugar o debate de toma en consideración. A modificación estaría dirixida a garantir que estas iniciativas “sexa debatidas, para a súa toma en consideración no Pleno, nun tempo razoábel, que non pode depender da vontade dos grupos que conforman a cámara, como sucede na actualidade”.

O resultado segundo o voto anunciado

O debate da ILP promovida pola CIG non introduciu grandes sorpresas, logo de que os grupos parlamentarios anunciaran xa con anterioridade a súa posición respecto da mesma.  O BNG, a través do seu deputado Alfredo Suárez Canal, apostou pola súa toma en consideración, atendendo así a unha demanda social avalada por máis de 19.000 sinaturas. Toma en consideración necesaria para “restaurar e incrementar o crédito da actividade política” dixo, eliminando, en consecuencia, un “privilexio para un determinado tipo de funcionarios”. Privilexio que, segundo as contas do BNG, supón para as arcas públicas un gasto de 3 millóns de euros.

Porén, desde o PSOE, optaron por entender a demanda de eliminar o chamado plus de altos cargos como un freo ao proceso de modernización da administración pública galega . “Respectamos as ILP”, sinalou o seu deputado José Manuel Lage Tuñas, “pero temos que dar pasos no debate e ser conscientes do papel que queremos que teñan os altos cargos. Queremos unha administración con profesionais directivos cualificados”, afirmou. Profesionais que, polo sentido da súa argumentación, só estarían ao dispor da administración a cambio de cuantiosos beneficios económicos que recibirían pola vía destes plus para o resto das súas vidas.

De feito, con ese plus, o Partido Popular entende que non se están a introducir “medidas de tipo elitista”, explicou o seu deputado Antonio Rodríguez Miranda, “senón a súa equiparación co resto das comunidades autónomas”. Afirmación tras da que enumerou un listado de todas as comunidades autónomas nas que xa se aprobara a introdución dese plus.  Algo que, ao seu entender axudará a que a administración pública galega “poida contar cos mellores”.

Unha afirmación que resultou indignante para o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen logo de desmentir a longa enumeración de comunidades nas que se puxera en marcha o famoso plus asegurou que “os nacionalistas temos pensamento propio e non copiamos o que fan os demais”.

Porén, se se trata de copiar para equiparar e eliminar discriminacións, Seixo convidounos a comezar polo máis urxente, lembrando que en Galiza temos os salarios máis baixos, as pensións máis baixas e grandes carencias en infraestruturas ou en servizos sociais.

Descarga aquí a folla informativa sobre a defensa da ILP contra o plus dos altos cargos.