Dentro dos actos do 10 de Marzo “Dia da Clase Obreira Galega”, na nosa Comarca acordamos celebrar nesa data unha Concentración ás 11:30 horas na Praza de Galicia de Compostela.
Na Comisión de Persoal do xoves 9 de abril, preguntamos por varios asuntos do que aquí vos damos conta:
Concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores/as
Dende a CIG trasladamos que estando xa aberto dende o luns o concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores/as como é posible que sigan faltando vacantes ocupadas por persoal temporal, as cales levamos reclamando dende fai tempo. Hai que ofertar todos os postos vacantes e descoñecemos o motivo de por ...
Na Comisión de Persoal do xoves 9 de abril dende a CIG preguntámoslle á DXEP pola problemática das listas da lei 17.
Levamos máis de catro anos sen a convocatoria da comisión de seguimento desas listas. E seguen facéndose chamamentos con criterios opacos: o persoal descoñece a súa posición real nas listas, porque nas listaxes non hai indicación de quen está en activo e quen non.
En todas as listas da Lei 17 figura como mérito a permanencia na clase (2 puntos por cada 5 anos continuados na ...
Asistimos á Comisión de Persoal do xoves 9 de abril, na que quedou aprobada a convocatoria do proceso selectivo de vixilancia de estradas e mobilidade (C1).
PROCESO SELECTIVO VIXILANCIA DE ESTRADAS E MOBILIDADE
A proposta inicial da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) consistía nun proceso coa forma de oposición na que non respectaban os acordos que a CIG e outros sindicatos asinamos fai anos coa AXI, no sentido de que non permitían participar ao persoal ...
Como todos os anos, durante a campaña de realización do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) desde a CIG ofertamos o servizo de realización das Declaracións da Renda a todas aquelas persoas afiliadas que teñan as cotas ao día.
A campaña da renda deste ano comeza o día 8 de abril 2026 rematando o 30 de xuño 2026. Para solicitar cita podes facelo por dúas vías:
1. Vía web
Accedendo mediante a ligazón https://oficina.cig.gal/renda
A solicitude sempre se fará cos datos da persoa ...
A Dirección Xeral de Emprego Público volve demostrar unha xestión caótica e irresponsable na oferta de postos para a toma de posesión
Dende a CIG-Autonómica denunciamos que se ofertan só 98 postos, exactamente as persoas aprobadas (96 acceso libre B + 2 estabilización C1), cando no concurso previo quedaron 123 postos vacantes, deixando sen cubrir 49 postos reais. Xa que inclúen 24 postos que non pasaron polo concurso de traslados —mesmo un de axente territorial— distorsionando completamente ...
Esiximos a aplicación inmediata do réxime excepcional de teletraballo ante a situación actual, marcada pola suba dos combustibles e da cesta básica
A guerra no Oriente Medio, tras os ataques militares de Estados Unidos e Israel contra Irán, e as súas consecuencias sobre o mercado enerxético internacional, co bloqueo do estreito de Ormuz, xa están a ter efectos directos en todos os sectores produtivos, máis alá do custo de encher o depósito. A isto súmase a liberación de reservas estatais de ...
O día 27/03/26 saíron publicadas no DOG as puntuacións provisionais das persoas participantes no concurso de escalas sociais (F0525).
E como agasallo, xunto coas puntuacións, a DXEP retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social).
Ese mesmo día, na Mesa sectorial de persoal funcionario a CIG pediu explicación á directora xeral e esta non se dignou a contestar ...
A CIG mantivo o pasado mércores 18 de marzo unha reunión coa directora territorial de Sanidade e o xefe de persoal para abordar o teletraballo, a falta de persoal e a situación de distintos servizos.
Teletraballo
Trasladamos a queixa do persoal pola limitación a un único día semanal, unha decisión difícil de entender cando o Acordo vixente permite até o 50% das xornadas e cando a maioría dos postos desenvolven funcións administrativas e técnicas que se realizan de maneira dixital.
A ...

A Xunta non aumenta persoal para a extinción de lumes
O PLADIGA 2026 non incorpora ningunha praza nova de persoal propio da Xunta para a extinción de lumes no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Mantén exactamente os mesmos efectivos que en 2025: 276 brigadas de terra e 12 brigadas helitransportadas.
Nin máis persoal técnico, nin bombeiro, nin emisorista-vixiante, nin axentes de investigación (UIFO) ou directores técnicos de extinción. O único incremento de persoal propio ...

A Xunta impón un novo PLADIGA 2026, tras un 2025 marcado polo conflito, o incumprimento de acordos e o caos na xestión da vaga de lumes
Na CIG-Autonómica denunciamos que a Xunta de Galiza volve actuar de maneira unilateral, aprobando e anunciando o PLADIGA 2026 (Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza), sen negociación previa e ignorando completamente á representación do persoal que traballa nos lumes.
Esta decisión prodúcese, ademais, tras un ano 2025 marcado polo ...

Coa Administración Xeral do Estado a piques de pechar a implantación das 35 horas, na Galiza seguimos nas 37,5 semanais. A Xunta tivo desde 2018 capacidade legal para reducir a xornada, pero nin o fixo nin o acordo de concertación de 2019 incorporou medidas reais.
Nós, o persoal da Xunta de Galiza, seguimos nas 37,5 semanais. Non é unha cuestión legal, é falta de vontade política.
Un marco que permitía avanzar, pero non obrigaba
O Acordo estatal de 2018 abría a posibilidade de que cada ...
Dentro dos actos do 10 de Marzo “Dia da Clase Obreira Galega”, na nosa Comarca acordamos celebrar nesa data unha Concentración ás 11:30 horas na Praza de Galicia de Compostela.