Inicio
Venres, 28 Novembro 2025

Aprobada unha carreira ordinaria cunha avaliación do desempeño penalizadora, coercitiva e que abre a porta ao control político do persoal

A Xunta vén de aprobar en Comisión de Persoal do 28 de novembro, co voto favorable de CSIF, CCOO e UGT, unha carreira administrativa condicionada a un modelo de avaliación do desempeño profundamente punitivo, desigual, clasista e que deixa amplísimos espazos para o control político sobre o persoal empregado público.

O chamado proceso de “negociación” limitouse a unha única reunión na Mesa Xeral, celebrada despois das dúas da tarde, con todo xa decidido pola Xunta. O resultado evidencia ...


Venres, 28 Novembro 2025

Carreira extraordinaria ou maratón ordinario? Últimas novidades

A carreira extraordinaria que se iniciou no 2019, e que nos venderon que era para que a xente que tiña xa certa antigüidade non tivera que comezar de cero a través da ordinaria, parece máis ben un maratón.

Imos facer 7 anos coa carreira e a día de hoxe aínda estamos cobrando só o grao II. Si o obxectivo da carreira extraordinaria era colocarnos a cada un no grao de carreira que nos correspondería por tempo traballado, ao final xa podes ter 18 ou 40 anos traballados que aínda vas acceder ...


Venres, 28 Novembro 2025

Oferta de emprego 2025 insuficiente, e case sen promoción interna

A Oferta de Emprego Público (OEP) do 2025 quedou aprobada co voto en contra de CIG e CSIF, e abstención de CCOO e UGT. É unha OEP que non resolve as necesidades de relevo do persoal, nin aborda o dereito de promoción interna.

A oferta consta de 765 prazas de acceso libre e de 300 de promoción interna separada, xunto con 38 para entes instrumentais. Falta a oferta de persoal funcionario de escalas sanitarias.

Como é habitual nas OEP, a negociación foi inexistente, un simple formulismo. ...


Xoves, 27 Novembro 2025

A Xanela. 31 medidas urxentes para o persoal da Xunta de Galiza

A Xanela. Boletín da CIG de novembro de 2025, coas alegacións que presentamos aos grupos do Parlamento de Galiza para a Lei de medidas e a Lei de orzamentos para o 2026

Levamos máis dunha década de recortes e conxelación de dereitos, dos que moitos deles non se recuperaron. Nos novos tempos, os dereitos de conciliación, a mellora horaria, o dereito á mobilidade, o dereito á promoción profesional ou a garantía salarial, parecen cada vez máis asentados noutros ámbitos laborais e noutras ...


Martes, 25 Novembro 2025

Finalmente non haberá ceses no Consorcio

Os ceses comunicados polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar o pasado martes 18 (con data de cese o 30 de novembro) non se executarán, dado que o persoal laboral fixo que estaba en adscrición poderá optar a comisións de servizo que lles permitirá participar no proceso de funcionarización (que se publica este mércores 26) sen necesidade de desprazarse dos centros nos que veñen prestando servizo.

O problema deriva de que este persoal leva sen concurso de traslados dende hai case 20 ...


Martes, 25 Novembro 2025

25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Ante o 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a secretaría das Mulleres da CIG lanza unha campaña para denunciar a permisividade das condutas machistas nas institucións públicas, reclamar que se revertan os recortes en materia de igualdade aplicados pola Xunta de Galiza e a posta en marcha dun plan galego pola igualdade.

Tras varias décadas denunciando os comportamentos machistas que sosteñen o sistema económico e social no que vivimos, ...


Luns, 24 Novembro 2025

A Inspección de Traballo esixe ao AGACAL medidas urxentes ante os riscos laborais do CIAM de Mabegondo

A Inspección de Traballo e Seguridade Social vén de requirir ao AGACAL, após a denuncia da CIG, que corrixa os graves incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais no CIAM de Mabegondo

A Proposta de requirimento de data 6/11/2025 confirma oficialmente as deficiencias denunciadas pola CIG e obriga á empresa a poñer en marcha medidas que levan anos sendo reclamadas polo persoal. A denuncia presentouse no mes de xuño ante o aumento da sinistrabilidade no CIAM causada pola ...


Xoves, 20 Novembro 2025

O PP presenta unha emenda que reescribe pola porta de atrás os procesos selectivos do SPIF

O Grupo Popular do Parlamento de Galiza meteu na Lei de medidas fiscais e administrativas dos Orzamentos de 2026 unha emenda que cambia por completo os procesos selectivos do SPIF.

Afecta aos procesos extraordinarios da Lei 20/2021 das brigadas de bombeiros/as forestais e tamén ás prazas xa convocadas da OEP 2023. É unha modificación sen aviso, sen negociación e sen informar ao persoal.

O PP xustifica o cambio nunhas supostas “sentenzas” que non identifica nin explica. Mentres tanto, o ...


Mércores, 19 Novembro 2025

A Xunta impón un modelo de carreira ordinaria ligada a unha avaliación do desempeño arbitraria, coercitiva e sen garantías

O venres 14 as 14:00h foi a Mesa Xeral de Empregados Públicos, e a única xuntanza que houbo e vai haber para tratar este asunto. Foi convocada o martes 11, con cambios constantes de documentación ata o día 14.

Aínda así e ante a gravidade desta regulación que vai a afectar a preto de 30.000 empregados públicos autonómicos, a CIG-Autonómica, vén de presentar alegacións ao documento do anteproxecto de Decreto da carreira administrativa e da avaliación do desempeño. Reiteramos e denunciamos ...


Mércores, 19 Novembro 2025

Os bulos de UGT

Cando a Xunta, CCOO e UGT decidiron que perdéramos un ano de carreira (lembra que no 2021 deixaron sen acceso ao grao II aos subgrupos C1, C2 e AP) intentaron xustificalo dicindo que unha sentenza da CIG do 2021 impedira que eles aprobaran no 2020 a convocatoria para o grao II (debía de tratarse dun efecto cuántico que fai que as consecuencias se manifesten antes que a causa).

A realidade foi mais vulgar: non se aprobou porque eles decidiron non facelo e así chantaxearnos para que ...


Martes, 18 Novembro 2025

Incendios: condicións dignas, traballar todo o ano e un servizo 100% público e profesional

Persoal de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta volveu mobilizarse este luns para reclamar un servizo 100% público e único, no que todo o persoal teña as mesmas condicións laborais, se lle garanta a súa saúde e seguridade, que dispoña de dignidade salarial e que traballe todo o ano nas multiemerxencias e colabore na restauración das zonas queimadas. A protesta, convocada pola CIG, coincidiu co remate do contrato de 938 persoas traballadoras do SPIF

A data escollida ...


Fíxose público a conseguinte orde pola que se determina o período de perigo alto de incendios forestais para o ano 2009, en aplicación do establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza.

Dito período está comprendido entre o 1 de Xullo e o 30 de Setembro.