Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120511.gaias.13.jpg
  • 20130305.Vigo.Carrousel.jpg
  • 20120501.lugo.1.jpg
  • 20120501.Pontevedra.2.jpg
  • 20120621.cadea_humana.san_caetano_6.jpg
Martes, 07 Xullo 2020

A Xunta, responsable da morte dun compañeiro

O TSXG ratificou a condena do xulgado do social de Lugo que condenou á Xunta a indemnizar a súa viúva, xa que o goberno galego recorrera a sentenza. Agora o TSXG considera acreditada a falta de dilixencia por non previr o risco adecuadamente.

O pasado sábado 27 de xuño fixo 5 anos da morte do noso compañeiro Enrique Casanova, que perdeu a vida defendendo ao patrimonio natural do país da lacra dos incendios forestais.

Esa lacra que o goberno do señor Feijóo parece que non quere combater e ...


Luns, 06 Xullo 2020

O conselleiro de Medio Rural engana ao rural galego e incrementa a súa fenda dixital

A CIG-Autonómica denuncia que a Consellería de Medio Rural da un paso máis cara a desconexión da vida no rural galego ao obrigar as persoas solicitantes de cortas de uso doméstico a relacionarse cunha aplicación dixital.

As oficinas de atención desta consellería como os distritos e comarcas forestais e oficinas agrarias comarcais cada vez máis perto do peche, este paso segue ao desmantelamento de formación e labores de asesoramento polas oficinas comarcais aos propietarios de parcelas ...


Xoves, 02 Xullo 2020

O persoal técnico de incendios non para

Ante a paralización sen acordo das xuntanzas coa consellería do Medio Rural por falta de propostas concretas por parte da administración, as organizacións sindicais convocan a terceira teleasemblea de persoal técnico de incendios forestais para o vindeiro luns 6 de xullo ás 21h.

Nesta nova convocatoria darase conta das distintas xuntanzas mantidas coa consellería e aprobaranse as medidas que se porán en marcha nas vindeiras semanas para seguir solicitando de forma lexítima un novo acordo ...


Mércores, 01 Xullo 2020

A CIG gaña a primeira sentenza que recoñece o dereito á carreira profesional ao funcionariado interino

Os servizos xurídicos da CIG gañaron a primeira sentenza que recoñece a unha persoa que é funcionaria interina o dereito a acceder ao grao I da carreira administrativa por medio do réxime extraordinario publicado no DOG do 29 de marzo de 2019 nas mesmas condicións que se recollían para o persoal funcionario de carreira.

Pero os efectos van máis aló do individual e TEÑEN CARÁCTER XERAL, xa que a sentenza declara nulo, por discriminatorio, o artigo 3 da orde pola que se publica o acordo da ...


Martes, 30 Xuño 2020

O TSXG anula unha RPT da CEEI por vulneración de dereitos, ausencia de avaliación orzamentaria e falta de motivación dos actos administrativos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acepta a demanda da CIG e anula a RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicada o 17/07/2018, por vulneración do dereito á negociación colectiva, vulneración do procedemento, ausencia de avaliación orzamentaria e falta de motivación dos actos administrativos.

En xuño do 2018 aprobouse en Comisión de Persoal unha modificación da RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conxuntamente cun “Plan de ordenación de recursos ...


Martes, 30 Xuño 2020

Elección de postos no concurso de traslados de corpos xerais

Función Pública non incluíu as novas vacantes xeradas dende a convocatoria do concurso, en novembro de 2019. 

Cando o 27 de novembro do 2019 foi publicada a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais, Función Pública difundiu tamén a relación de vacantes ofertadas (na propia convocatoria). Pero a solicitude de postos non se podería facer ata que por xaneiro sacarían un segundo listado coas prazas das persoas que solicitaron concursar e por tanto eran potenciais vacantes (esto ...


Martes, 30 Xuño 2020

O Consorcio nega a conciliación e non protexe ás traballadoras embarazadas

Posicionamento da CIG ante a reincorporación presencial nas escolas infantís e centros de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Desde a CIG denunciamos:

  • Que as indicacións recibidas para a reincorporación do persoal nas escolas infantís e centros de día atenden unicamente a criterios autoritarios para cumprir horarios presenciais nos centros de 6 horas diarias deixando 1 hora e media para teletraballar, sen ningún outro tipo de información, máis cando as escolas ...

  • Luns, 29 Xuño 2020

    O persoal técnico do SPIF da Xunta continúa as mobilizacións para reclamar un novo acordo

    A pesar de que o período de alto risco de lumes comeza este 1 de xullo, a Xunta de Galicia carece aínda de estratexia e de plan de traballo para as persoas encargadas de coordinar a loita contra os incendios forestais no noso país. De feito na convocatoria de reunión do martes 30 de xuño tan só foron quen de incorporar un pequeno parágrafo de modificación do acordo do ano 2008, moi lonxe das reivindicacións que se levan reclamando desde fai meses.

    As organizacións sindicais CIG, CCOO, ...


    Xoves, 25 Xuño 2020

    O persoal de Política Social rexeita o cheque-bar de Feijóo

    O Presidente da Xunta anunciou en roda de prensa a entrega dunha tarxeta de 250 euros ao persoal sanitario e sociosanitario para gastar en establecementos hosteleiros.

    Os traballadores e traballadoras de política social que loitamos na primeira liña contra esta pandemia non queremos aguinaldos e rexeitamos por uso partidista e electoral este cheque-bar. O único recoñecemento posible é a eliminación dos recortes de dereitos laborais perpetuados dende 2012 e o fortalecemento do sector ...


    Luns, 22 Xuño 2020

    "Nova normalidade" en Galiza. "Vella anormalidade" en Política Social

    Unha campaña electoral para tapar as vergoñas

    O de que Galiza fora a primeira comunidade en acadar a Nova Normalidade, non é máis que outra pamplina de propaganda electoral. Mentres Feijoo anima aos galegos e galegas a desprazarse entre provincias e a vivir con sentidiño unha vida normal coa vista posta nas eleccions do vindeiro 12 de xullo, ao persoal empregado público continúan a requirilos para traballar en centros lonxe das súas casas, e moitas veces en postos e categorías moi ...


    Luns, 22 Xuño 2020

    O Consorcio decide unilateralmente modificar o sistema de notificación das listas de contratación

    O Consorcio, por libre, como sempre. Dálle igual pasar por riba da Constitución e da Lei e Emprego Público

    A Comisión de listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB), adoptou a decisión unilateral de modificar as bases das listas de contratación en canto á notificación dos chamamentos, que pasa a ser exclusivamente a través do sistema notifica.gal. Esta decisión non foi nin negociada nin comunicada á representación sindical.

    A CIG enviou escrito ao director xeral ...


    Venres, 19 Xuño 2020

    Necesidades formativas para o teletraballo

    Na CIG entendemos que o teletraballo é unha modalidade na prestación do servizo que veu para quedarse. Quedou máis que demostrada a súa eficacia tanto na prestación do servizo como, sobre todo, na conciliación da vida laboral e familiar do persoal.Durante a vixencia do estado de alarma detectamos no persoal que estivo e está a teletraballar, grandes carencias de formación en temas de: administración electrónica, protección de datos, seguridade, teletraballo, etc. Se a iso lle engadimos ...


    Poñemos a túa disposición o Boletín CIG Saúde Laboral, nº 28, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral elaborado polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega.

    Descargar boletín.

    • OIT. Informe inicial para a Comisión Mundial sobre o futuro do traballo.
    • Proxecto do novo regulamento da lei de mutuas: un novo paso na destrución de dereitos dos/as traballadores/as.
    • Control da Incapacidade Temporal e Prestacións Económicas.
    • O po de sílice libre entra no cadro de enfermidades profesionais.
    • Avaliación da aplicación práctica das directivas de seguridade e saúde no traballo (SST) no marco da UE.
    • T+55: seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos.