Inicio
Luns, 16 Marzo 2026

Á Xunta non lle importa a saúde do seu persoal ainda que traballen con gas radon

O día 10 de marzo de 2026 tiñamos unha convocatoria ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Servizos Centrais (SSCC) despois de case un ano dende a anterior reunión, que foi o 31/03/2025. Nesa reunión de 2025 a CIG xa preguntara polos resultados das medicións de radon nas diferentes oficinas de SSCC, ao que nos responderon que primeiro tiñan que reunirse co Comité Intercentros de Saúde Laboral e logo valorar as medidas que habería que tomar por causa deste gas canceríxeno. Nós ...


Xoves, 12 Marzo 2026

A CIG anímache a participar no acto nacional deste sábado contra a emerxencia lingüística

Convocado por Queremos Galego para presentar o protocolo «Lingua Vital», comezará o sábado 14 de marzo ás 12 h na Praza da Quintana en Compostela

A CIG chama a participar na asemblea nacional que a plataforma cidadá Queremos Galego ten convocada para o vindeiro sábado, 14 de marzo, en Santiago de Compostela contra a emerxencia lingüística. 

O acto comezará ás 12 h na Praza da Quintana e durante el presentarase o protocolo resultado do proceso Lingua Vital, que parte dos obxectivos e dos ...


Xoves, 12 Marzo 2026

A CIG chama a reforzar a mobilización para reclamar traballo digno, dereitos, pola paz e a soberanía dos pobos

No Día da Clase Obreira Galega, a central realizou 14 mobilizacións por todo o País, porque esta é a maneira de manter vivas e vixentes as loitas do 72.

 

   

Baixo o lema «Contra a precariedade e a desigualdade, na Galiza traballo digno, pobo con dereitos», a CIG mobilizouse este 10  de Marzo en 14 localidades para lembrar as loitas do ano 1972, durante as que foron asasinados en Ferrol pola policía franquista os traballadores da antiga Bazán, Amador Rei e ...


Xoves, 12 Marzo 2026

O Parlamento galego rexeita a cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Os votos en contra de PP e PSOE impediron aprobar a solicitude ao Goberno do Estado para instaurar por lei un mecanismo que impida a perda de poder adquisitivo

O pleno do Parlamento de Galiza rexeitou na mañá do 10 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, a proposición non de lei promovida pola CIG-Administración Pública que procuraba a creación por lei dunha cláusula de garantía salarial para que os salarios públicos sexan ...


Mércores, 11 Marzo 2026

Por un acordo para o Persoal Non Docente: concentración 17/03/26 en Compostela

O vindeiro martes 17 de marzo ás 11:00 h a CIG-Autonómica mobilizarase diante da Consellería de Educación para instar, unha vez máis, á negociación dun Acordo de condicións de traballo para o persoal de Administración e Servizos dos centros educativos da Xunta de Galiza.

Durante a mobilización farase tamén entrega das sinaturas recollidas nestes meses nos centros de toda Galiza para reclamar a regulación dos dereitos laborais deste persoal.

Máis de 3.000 compañeiros e compañeiras quedaron ...


Luns, 09 Marzo 2026

Diante das mentiras... datos, feitos, datas, probas

Diante das mentiras... datos, feitos, datas, probas. Non deixes que te enganen. A CIG sabe moi ben de que lado está: a carón das traballadoras e traballadores.

Nota: cando no video fala de que hai 6 sindicatos con presenza na Mesa Xeral (CIG, ELA, LAB, CCOO, UGT e CSIF), refírese á Mesa Xeral de Administracións Públicas no ámbito do Estado. En Galiza tamén temos unha Mesa Xeral, na que estamos CIG, CCOO, CSIF e UGT.


Luns, 09 Marzo 2026

Centos de mulleres mobilízanse coa CIG en Compostela ao berro de «Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade»

A central reivindica o contido de clase e a orixe que deu lugar ao 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras

 

  

Ao berro de «Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade», centos de mulleres participaron este domingo en Compostela na manifestación convocada pola CIG con motivo do 8 de Marzo. Unha data de reivindicación e loita porque, a pesar dos intentos de eliminar o contido de clase que deu orixe a esta conmemoración, o 8 de Marzo é ...


Luns, 09 Marzo 2026

Este 10 de marzo, mobilízate contra a precariedade e a desigualdade

Desde a CIG facemos un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos.

MOBILIZACIÓNS DA CIG NESTE 10 DE MARZO

  • Ferrol (actos centrais): ás 11:30h, ofrenda floral no Monumento ao 10 de marzo. Ás 20h, manifestación con saída do local da CIG en Esteiro.
  • A Coruña: ás 20h, manifestación dende Praza de Vigo.
  • As Pontes: ás 20h, ...

Venres, 06 Marzo 2026

Axentes ambientais: atrasos, agravios e todo por resolver

A CIG trasladou as demandas do persoal axente ambiental nas reunións mantidas o 5 de marzo coa Consellaría do Medio Rural e na Comisión de Persoal do 6 de marzo. 

Procesos selectivos e concurso de traslados

A directora xeral de Emprego Público informa de que a elección de destinos publicarase, «como moi tarde, a principios de maio», coa previsión da toma de posesión «antes do verán».  Non se entende que o alonguen tanto, dado que cos prazos reducidos poden facelo moito antes, e así daría ...


Venres, 06 Marzo 2026

Incumprimentos do Acordo de Teletraballo e novas restricións inxustificadas

Tres anos sen convocar a Comisión Técnica de Teletraballo: a Xunta segue permitindo recortes arbitrarios nas xornadas de teletraballo

Na Comisión de Persoal deste venres 6 de marzo de 2026 volvemos denunciar o incumprimento reiterado do Acordo de Teletraballo e a aparición de novas restricións arbitrarias que non teñen amparo na norma. A directora xeral de Emprego Público resposta, unha vez máis, que están preparando a Comisión Técnica, igual que leva facendo dende hai 2 anos.

En primeiro ...


Venres, 06 Marzo 2026

A Xunta deixa de valorar a permanencia e medidas de conciliación nos concursos de traslados do seu persoal

A experiencia no mesmo posto durante anos, e o achegamento ao domicilio de fillos/as e persoas en situación de dependencia, deixan de ser un dos baremos para decidir os traslados do persoal funcionario.

Nos últimos concursos de traslados, recentemente levados pola Xunta ás mesas de negociación e convocados (escalas de estatística, expertos/as lingüistas, educación infantil, coidador/a, persoal de servizos xerais, xerocultor/a ..), suprimen a puntuación polo tempo de permanencia no mesmo ...


Diante desta situación de pase de pelota entre distintas administracións solicitámoslle ao Xerente unha reunión con él e con Función Pública para rematar con esta grave discriminación que sufriron aquelas mulleres que quedaron fora da aplicación do Acordo polo feito de estar parindo e coidando aos seus fillos/as.

A CIG solicita de Función Pública e o Consorcio que implementen unha partida económica especial que cubra o incremento salarial que tiveron as bases de cotización dende xaneiro de 2017 as mulleres que estiveron en situación de maternidade durante ese período, como pago extraordinario de atrasos e solucionar entre administracións a diferenza de criterios que puideran existir.

O Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar cun cadro de persoal maioritariamente feminino non pode manter máis tempo este problema e que dende a CIG denunciamos como discriminación por razón de xénero.