Listas substitucións

No DOG do venres 16 de marzo aparece publicada a Resolución do 9 de marzo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías correspondentes aos Servizos de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.

Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral do grupo IV, categoría 033 Bombeiro/a Forestal condutor de Autobomba e do grupo V categoría 014 Bombeiro/a Forestal.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:
• A documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
• Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo e categoría, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución.
• Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios .

A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos..

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.