Inicio
CIG-Autonomica
  • 20121114.vigo.3.jpg
  • 20120511.gaias.15.jpg
  • 20120501.Pontevedra.1.jpg
  • 20120511.gaias.13.jpg
  • 20130305.Vigo.Carrousel.jpg
Luns, 17 Febreiro 2020

Persoal farmacéutico inspector de saúde pública: valoramos acudir á Inspección de Traballo e á Valedora do Pobo

As catro organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral e asinantes do acordo sobre dispoñibilidade horaria do persoal farmacéutico inspector de Saúde Pública, presentamos en novembro un escrito solicitando a constitución da comisión paritaria de seguimento de dito acordo. Hai que destacar que dende a sinatura do acordo en 2016 esta comisión nunca se reuníu. Como non tivemos resposta decidimos acudir á Inspección de Traballo. 

No escrito facíamos constar as seguintes cuestións:

1.- O día ...


Martes, 11 Febreiro 2020

Ser nai supón perdas retributivas de 1.745 euros ás empregadas da Xunta

Mentres Feijoo se congratula nos últimos días con notas de prensa fardando de subas salariais. A realidade para as traballadoras da Xunta é ben distinta. Estes incrementos retributivos non se lle aplican se están en IT ou de baixa por maternidade. Está situación agrávase para persoal de Consorcio, pois a perda podería chegar a ser do 20% nalgúns casos.

Esta é a política de Feijoo para aumentar a natalidade: roubarlle os atrasos dos incrementos retributivos ás traballadoras.

Estase a ...


Xoves, 30 Xaneiro 2020

Escolas infantís de xestión pública nos centros de traballo da Xunta de Galicia

O día 24 de xaneiro a conselleira de Política Social, na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta no que se aprobou a Lei de impulso demográfico de Galicia, anunciou a implantación de axudas para a creación de “mini escolas infantís” nos centros de traballo das empresas privadas.

A conselleira afirmou que “Ese tipo de subvenciones no están incluídas dentro del texto legal, sino que figura como una de las medidas nuevas en que trabaja el departamento de cara a paliar la crisis ...


Xoves, 30 Xaneiro 2020

A CIG reúnese cos grupos parlamentarios para que demanden formación para o persoal de incendios

A CIG-Administración Autonómica reuniuse cos grupos parlamentarios do PSOE, BNG, Común de Esquerda e Mixto para explicar o contido da Proposición non de Lei rexistrada o pasado martes, 14 de xaneiro, para a formación do persoal do servizo de extinción de incendios da Xunta de Galiza para avanzar cara unha maior profesionalización.

Desde o BNG comprometéronse a presentar unha iniciativa parlamentaria para o desenvolvemento dun plan formativo e de certificación profesional para facer un ...


Luns, 27 Xaneiro 2020

Listas definitivas de substitución e cambio de ámbitos

O vindeiro mércores 29 de xaneiro publícanse as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Lembramos que o prazo para solicitar a modificaciń de ámbitos territoriais e a modificación do concello de empadroamento remata o venres 31 de xaneiro e producirá efectos dende o 1 de marzo.

Na vindeira sesión da Comisión de Listas (xoves 30) debatirase, entre outras cuestións, sobre o ...


Luns, 27 Xaneiro 2020

A CIG denuncia o machismo lingüístico da Xunta de Galiza

Dende a área de Igualdade da Xunta de Galiza afírmase que as administracións públicas participan activamente na revisión dos referentes sexistas, e que «seguir empregando nas administracións públicas unha linguaxe sexista e discriminatoria para o colectivo feminino, supón non só un anacronismo senón, sobre todo, a fixación de barreiras invisibles que afectan directamente ao proceso de participación das mulleres na sociedade actual e que agochan os avances que se están a dar na participación ...


Martes, 21 Xaneiro 2020

En breve

Con esta frase despacha o director xeral de Función Pública todos os asuntos:

  • Notas do 2º exame da promoción interna do A1: en breve.
  • Listado de admitidos do concurso de traslados de corpos xerais: en breve
  • Resolución provisional da acreditación de méritos da promoción interna ao C2: en breve.
  • Listado de admitidos das oposicións de Subalterno: en breve.
  • Convocatoria da próxima promoción interna: en breve.

Parece que un ano para el é un quanto de tempo infinitesimal, tempo que ...


Luns, 20 Xaneiro 2020

Feijoo fai campaña eleitoral nas escolas infantís

Polas escolas infantís do Consorcio e da Consellería de Política Social estiveron a pasar fotógrafos profesionais no pasado mes de decembro, para facer fotos (previa autorización das familias) de cada unha das crianzas matriculadas en todos os centros do País. O traballo foi feito sen ter en consideración as necesidades das meniñas e meniños e interrumpindo o seu ritmo diario.

Segundo a consellería, o obxecto das fotos era agasallar ás familias cunha felicitación do Nadal. Pero ese ...


Xoves, 16 Xaneiro 2020

Lei de de impulso demográfico de Galicia: oportunidade perdida

O xoves 16 de xaneiro de 2020 acudimos a unha reunión co director de función pública para tratar o Anteproxecto de Lei de Impulso Demográfico de Galicia. No anteproxecto faltan medidas específicas dirixidas á fixación de poboación no medio rural e costeiro con pouca poboación, garantindo servizos e prestacións similares ás zonas máis poboadas. É necesaria unha descentralización que garanta os criterios de proximidade e de fixación da poboación nas zonas pouco poboadas, como o acceso de ...


Para os procesos selectivos publicados en data 8 de marzo de 2018, corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna; corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna; corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola quenda de promoción interna; corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola quenda de promoción interna; corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, pola quenda de promoción interna; o prazo de presentación de solicitudes de participación abranguerá desde o día 9 de marzo ata o día 9 de abril de 2018, ambos incluídos.

Contra esta ampriación de prazo pódese interpoñer un recurso potestativo de reposición ou acudir directamente ao xulgado do contencioso administrativo.