Inicio
Luns, 01 Xuño 2026

CCOO, UGT E CSIF, contra as persoas da promoción interna do 2020 e 2023

Despois de ter realizado unha masiva concentración o mércores 27, as compañeiras e compañeiros que alí nos concentramos vemos como estes tres sindicatos sacan unha nota botándolle a culpa á CIG, no canto de botarlla á directora xeral, do que pretende facer creando unha incompatibilidade ficticia entre o concurso e as tomas de posesión da promoción interna.

Na Comisión de Persoal deste venres 29/05/2026 a directora insinuou que poderían dar destino á promoción interna do 2023, pero que o ...


Venres, 29 Mai 2026

Inacción da Xunta ante o risco do radón

A CIG esixe transparencia inmediata sobre os resultados das medicións do radón

A CIG denuncia publicamente a gravidade da situación no edificio dos Xulgados das Cigarreiras, na Coruña, dependente da Xunta de Galiza, onde existen sospeitas fundadas de que os niveis de radón poderían ser moi elevados, poñendo en risco a saúde do persoal. As medicións foron feitas con data 10/09/2024, permanecendo os medidores nos edificios durante tres meses e retirados no mes de marzo de 2025. No último ...


Mércores, 27 Mai 2026

Persoal da promoción interna de 2023 da Xunta exixe que se respecte o seu dereito a ter destino definitivo

Concentración en San Caetano ante a falta de solucións e información transparente por parte da Consellaría de Facenda

Centos de compañeiras e compañeiros da promoción interna de 2023 concentrámonos este mércores 27/05/2026 diante do complexo da Xunta de Galiza en San Caetano para exixirlle á directora xeral de Emprego Público e ao conselleiro de Facenda unha solución de urxencia que garanta o dereito a acceder ao destino definitivo “simultaneamente co resto dos outros 8 procesos de corpos ...


Mércores, 27 Mai 2026

A CIG solicitou unha reunión de urxencia co conselleiro de Facenda ante o pasotismo da DXEP respecto ás tomas de posesión

Este luns 18/05/26, a CIG solicitoulle ao conselleiro de Facenda unha xuntanza para dar solución e que nos actos de elección de destino participen todas as promocións que estean nesa situación, sen que ningunha quede relegada a un futuro incerto.

As case 500 persoas funcionarias de corpos xerais que concorreron á promoción interna do ano 2023 en convocatorias derivadas das ofertas de emprego dos anos 2020 e 2021 non van poder acceder ao destino definitivo por unha decisión da directora ...


Mércores, 27 Mai 2026

CIG, CUT e SNEP, convocamos folga o 3 de xuño no sector de Infantil 03 da pública e da privada

As tres organizacións sindicais, CIG (Ensino e Autonómica) - CUT - SNEP, chamamos o próximo mércores 3 de xuño á loita e mobilización dos 3 sectores cun mesmo fin: “Melloras laborais, sociais e salariais: convenios dignos e xustos”, así como baixada das ratios, máis persoal na atención directa, xornadas xustas, máis recursos, mellores instalacións... A CIG, CUT e SNEP, convocamos folga no sector de Infantil 03 da pública e da privada, chamamos a encher as rúas galegas a todo o persoal ...


Martes, 26 Mai 2026

Máis de seis meses sen cubrir os postos deixan o Servizo de Gardacostas baixo mínimos

Dende a CIG-Autonómica denunciamos que máis do 30% dos postos do Servizo de Gardacostas de Galiza (ao menos 38 do arredor de 125 postos das bases operativas) continúan sen cubrir após das tomas de posesión realizadas en decembro de 2025, una situación que está a provocar que haxa horarios no que as bases estean inoperativas ou servizos que directamente non se poden prestar.

A pesar das reiteradas demandas da CIG e das promesas feitas tanto pola Consellaría do Mar como pola Dirección Xeral ...


Luns, 25 Mai 2026

Mobilízate contra os recortes do Decreto de listas de substitucións

Chamamos a todo o persoal a participar nas concentracións convocadas contra o Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións. Aféctanos a todas e todos, no só ás persoas que están nas listaxes: falta de coberturas, denegación de permisos, vacacións... vai ligado a este despropósito. Esta é una  modificación que recorta dereitos, limita as posibilidades de mellora laboral e impón condicións cada vez máis precarias e inxustas ao persoal interino e temporal da ...


Luns, 25 Mai 2026

Concentración: destino definitivo XA para a promoción interna de 2023

O mércores 27 as compañeiras e compañeiros da promoción interna do 2023 imos concentrarnos para esixir á directora xeral de Emprego Público é ao conselleiro de Facenda, o dereito que temos a que se nos dea destino definitivo simultaneamente co resto dos outros 8 procesos de corpos xerais que van poder facelo en breve.

Esta situación é unha mostra máis da falta de criterio e da indolencia desa dirección xeral. E ao mesmo tempo do escurantismo co que están a manexar esta situación. Nin dan ...


Luns, 25 Mai 2026

As sospeitas da CIG confirmáronse: a modificación da RPT da Consellaría de Cultura axustou á medida a praza da dirección do CGAC

O nomeamento da docente de ensino secundario Eva López Tarrío prodúcese após a modificación da RPT en febreiro para abrirlle o acceso á dirección a persoal funcionario desde corpos e escalas sen relación directa co ámbito museístico nin coa dirección de institucións culturais.

A Xunta decidiu adaptar a praza da dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para facilitar unha designación discrecional allea ao perfil técnico, museístico e cultural que require unha institución ...


Xoves, 21 Mai 2026

A CIG solicitou unha reunión de urxencia co conselleiro de Facenda ante o pasotismo da directora xeral de Emprego Público respecto ás tomas de posesión

Este luns 18/05/26, a CIG solicitoulle ao conselleiro de Facenda unha xuntanza para dar solución e que nos actos de elección de destino participen todas as promocións que estean nesa situación, sen que ningunha quede relegada a un futuro incerto.

As case 500 persoas funcionarias de corpos xerais que concorreron á promoción interna do ano 2023 en convocatorias derivadas das ofertas de emprego dos anos 2020 e 2021 non van poder acceder ao destino definitivo por unha decisión da directora ...


Martes, 19 Mai 2026

A modificación do decreto de listas de contratación elimina a mellora de emprego

No DOG do 19/05/2026 publican o DECRETO 40/2026, do 18 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

A modo de resumo estes son os principais cambios:

  • Elimínase de súpeto a posibilidade de chamamentos por mellora de emprego. As persoas traballadoras non só non poden acceder a unha ...

As centrais convocan unha nova mobilización de apoio a Carlos e Serafín

A CIG, CCOO e UGT fan un chamamento a participar na concentración convocada este xoves 21 diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas para reclamarlle o Goberno español a concesión do indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de prisión por participar na folga do transporte en 2008.

As centrais entenden que a decisión que evite a entrada na cadea destes dous traballadores non se pode demorar máis xa que levan catro anos agardando, polo que esixen o indulto inmediato. A CIG anunciou recentemente que intensificará as mobilizacións no caso de que o Consello de Ministros/as non tome unha decisión ao respecto nas vindeiras semanas.