Outras informacións e conflitos xerais

A base de helicópteros de Queimadelos está situada no concello de Mondariz no Distrito XVIII e nela atópanse dous helicópteros B3 coas matrículas EC-KZL e EC-LBV.

O helicóptero que ten a matrícula EC-KZL desprazárono dende a base de San Xoán de Río onde se atopaba facendo Helimulching, logo de remtar este traballo.

Parece ser que este helicóptero non presta ningún servizo actualmente no Servizo de prevención e extinción de incendios foretais polo que entendemos que a súa ubicación na base de Queimadelos non está autorizada xa que tería que estar nun hangar da empresa Babcock.

Dende a CIG-Autonómica solicitamos aclaracións á Consellaría de Medio Rural e do Mar sobre se este helicóptero está prestando os seus servizos neste momento e, de non ser así e non estar contratado, se se autorizou á empresa a utilizar esta base para aparcar nela este helicóptero.

O actual goberno da entidae menor de Queimadelos promoveu a anulación do terreo na que se atopa a base de helicópteros de extinción de lumes da Consellaría do Medio Rural.

A anulación conta co informe vinculante a favor da entidade de Queimadelos ao considerar que a cesión, realizada polo anterior goberno municipal do Partido Popular, realizouse prescindindo total e absolutamento do procedemento legal xa que se tería acordado polo presidente a entidade sen contar coa xunta veciñal, órgano equivalento ao pleno dun concello.