Outras informacións e conflitos xerais

O luns 23 ás 13:11 h, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convocou unha xuntanza para o vindeiro xoves día 26 ás 10:00hs, mediante correo electrónico do xefe de Servizo de Xestión de Recursos Humanos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con motivo de análise dos cadros de quendas do persoal da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais, de dita Consellería.

As organizacións sindicais CIG e UGT respondemos a dita convocatoria ás 11:00 h da mañá do martes 24, considerando que unha vez convocada a folga de Axentes Facultativos Medioambientais e Forestais na que entre outros puntos se reivindica o uso abusivo de quendas que impiden a conciliación familiar e laboral do colectivo, carece de sentido a reunión tal e como está programada, debendo ser convocado o Comité de Folga para a dita negociación.

Ante a nosa resposta a Consellería procede á desconvocatoria, mediante correo electrónico ás 11:26 do martes 24. Todo correcto, asumían que o punto a tratar excede da negociación no ámbito da Consellería de MAOT, dirixindo polo tanto aos cauces legais establecidos todo aquelo que ten que relación coa folga declarada por ambas Organizacións Sindicais e polo tanto no seo do Comité de Folga.

A actuación de mala fe negocial reflíctese no correo remitido ás 14:24 da tarde do mesmo martes 24 cando de novo proceden a remitir a convocatoria mantendo a suspendida a media mañá. Falamos de mala fe negocial, en tanto que é sabido que ambas Organizacións temos convocada xornada de folga e manifestación. Non semella bo camiño de acadar acordo e consenso na problemática suscitada mediante a convocatoria de folga cando desde a empresa a intentan boicotear.

Polo anteriormente exposto requirimos unha convocatoria formal do Comité de Folga, tal e como legalmente corresponde si é que a Administración quere negociar as reivindicacións formuladas. Esixindo a retirada inmediata de calquera negociación que se poda arbitrar como mediación a través do Comité de Folga, da persoa que ocupa a xefatura de Servizo de Xestión de Recursos Humanos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, instando a Administración a tomar en serio as pretensións dos Axentes Forestais e Medioambientais na negociación.