Inicio
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite.

Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría. 

Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un menosprezo continuado no tempo a quen mantén en pé todos os servizos nos diferentes centros de traballo. 

No Consorcio, o ...


Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade.

A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente:

As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo 1.3.d) do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Persoal Empregado Público, asegurarán o cumprimento das ...


Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5/10/26)

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade.

O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40. 

Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude volveu invocar a súa «vontade de acordo», sen acompañala de feitos nin de propostas que resolvan a situación do ...


Luns, 05 Outubro 2026

O persoal lingüista péchase en San Caetano ante a nula vontade negociadora da Xunta e a opacidade sobre as cargas de traballo

A CIG denuncia que a Xunta bloquea unha negociación efectiva ao non facilitar os datos reais da actividade, das cargas de traballo e de quen as desempeña. 

As negociacións iniciadas o 8 de setembro non achegaron solucións e desembocaron nunha nova proposta de acordo que se trae á mesa o 5 de outubro, e que na CIG consideramos totalmente inaceptábel para un colectivo de persoal empregado público fortemente feminizado e especialmente maltratado, que xa sufriu conflitos laborais que derivaron ...


Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas

Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas usuarias dos distintos servizos. Por iso, esta mañá concentráronse diante da Xunta de Galiza, para ...


Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais.

Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo. Isto non é case nada se temos en conta que xa hai publicados 395 postos máis, é dicir, 687 postos en tan só 15 días. ...


Mércores, 30 Setembro 2026

A CIG reclama unha comisión paritaria e negociación real antes da aprobación do plan anual de formación 2027 da EGAP

A CIG vén de instar á Dirección Xeral de Emprego Público a constituír e convocar a Comisión Paritaria de Formación para o Sector da Autonómica e a garantir a negociación efectiva da formación antes de que o plan anual 2027 sexa aprobado polo Consello Reitor da EGAP; así como antes da aprobación dos restantes plans específicos de formación do sector.

A formación non pode decidirse unilateralmente. O artigo 37.1.f do Estatuto básico do persoal empregado público e o artigo 153.1.f da Lei do ...


Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26)

O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible.

Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo coas traballadoras que despois de un mes, continúan a loitar para ser cesadas (e así acceder ás listas de contratación) ou ...


Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo 

A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa xestión. A Escola tenta silenciar as críticas mediante continuas interrupcións e increpacións, restricións das intervencións, ...


Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel outono cálido e seco que prolongaría o risco de lumes forestais. 

Convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo de ...


Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila.

Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando menos terá que esperar a que se abra novamente o prazo de solicitude do Fondo de Acción Social (FAS) para que poida ...


Para Galiza esta lei é especialmente lesiva xa que se reducen as competencias na xestión dos montes deste persoal funcionario, eliminando, por exemplo, a encomenda da dirección técnica de extinción de incendios forestais. Ampara ademais a modificación da estrutura de mando do servizo de defensa contra incendios forestais da Galiza de cara aos servizos de emerxencias e protección civil. Deste xeito, os axentes forestais de Galiza pasan de ter a dirección dos incendios a ter que colaborar cos medios de emerxencias e protección civil.

Esta lei básica deséñase en resposta ao brutal asasinato de dous axentes rurais en Catalunya en 2017, pero sorpresivamente, non soluciona cuestións de saúde e seguridade de regulación básico como un cadro de enfermidades profesionais ou os coeficientes redutores para a xubilación anticipada. O artigo específico que trata a seguridade, con apenas catro liñas, non aporta ningunha medida concreta. O texto da lei tampouco trata nin a segunda actividade, nin medidas para fomentar a igualdade, ou o recoñecemento dos dereitos laborais do resto de empregados/as Públicos/as como un horario máximo anual, a conciliación familiar ou os permisos e licenzas.

Galiza non existe

A CIG-Autonómica lembra que hai outras proposicións de leis que están xa no Congreso, con prórrogas para o debate, como a de bombeiros forestais e a de bombeiros. En conxunto, as tres propostas de leis teñen inxerencias e conflito entre elas pisándose funcións.

Con todo, o que máis preocupa é a posibilidade de cambiar o sistema de extinción de incendios de Galiza, xa que de seguir adiante, modificaría a consideración de emerxencia e o seu tratamento –competencia, extinción e mando- o que non sería funcional para os máis de 4.000 lumes e 50.000 ha/ano de media, superando en número e hectáreas queimadas as de todo o territorio do estado.

Emendas

Aínda así, a CIG-Autonómica presentou achegas para emendas aos diferentes grupos parlamentarios, desde Marea, até Euskal Herria Bildu, Esquerra Republicana de Catalunya, PNV, PSOE, Compromís e En Comú Podem. Non puido facer o mesmo co PP e con Ciudadanos, porque a día de hoxe aínda non hai resposta á petición de xuntanza.