Martes, 24 Marzo 2026
A Xunta impón un novo PLADIGA 2026, tras un 2025 marcado polo conflito, o incumprimento de acordos e o caos na xestión da vaga de lumes
Na CIG-Autonómica denunciamos que a Xunta de Galiza volve actuar de maneira unilateral, aprobando e anunciando o PLADIGA 2026 (Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza), sen negociación previa e ignorando completamente á representación do persoal que traballa nos lumes.
Esta decisión prodúcese, ademais, tras un ano 2025 marcado polo ...
Martes, 24 Marzo 2026
Coa Administración Xeral do Estado a piques de pechar a implantación das 35 horas, na Galiza seguimos nas 37,5 semanais. A Xunta tivo desde 2018 capacidade legal para reducir a xornada, pero nin o fixo nin o acordo de concertación de 2019 incorporou medidas reais.
Nós, o persoal da Xunta de Galiza, seguimos nas 37,5 semanais. Non é unha cuestión legal, é falta de vontade política.
Un marco que permitía avanzar, pero non obrigaba
O Acordo estatal de 2018 abría a posibilidade de que cada ...
Mércores, 18 Marzo 2026A Consellería de Política Social incumpre a Lei de prevención de riscos laborais. Na Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS), as traballadoras embarazadas das escolas infantís de cero a tres anos están sometidas a un risco biolóxico inaceptable.
As empresas e institucións con persoas empregadas a cargo teñen que protexer aos seu cadros de persoal ante os riscos derivados do traballo
Cando non existen no servizo postos exentos de risco para o embarazo, a empresa, neste caso a Consellería ...
Mércores, 18 Marzo 2026
A CIG interpuxo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar consistente en impor, aos/ás traballadores/as coa categoría de PSX de determinados centros de día, vivendas comunitarias e escolas infantís, a obriga habitual (non puntual nen excepcional) de realizar a limpeza dos seus propios centros de ...
Mércores, 18 Marzo 2026
Preto de 5.000 traballadores e traballadoras de Administración e Servizos dos centros de ensino carecen dunha regulación actualizada das súas condicións laborais
A CIG mobilizouse o martes 17 de marzo diante da Consellería de Educación para reclamar a apertura dunha mesa de negociación que permita aprobar un acordo de condicións de traballo para o persoal de Administración e Servizos dos centros educativos da Xunta de Galiza. Aproveitando a concentración ás ...
Martes, 17 Marzo 2026
O 17.03.2026 a CIG e as demais organizacións sindicais asinantes do acordo polo que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal que desenvolve a súa actividade laboral no territorio dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza, rexistramos unha solicitude dirixida á D.X. de Emprego Público e Administración de Persoal, para a constitución da Comisión de Seguimento do devandito acordo e a convocatoria da primeira xuntanza o máis axiña posible.
Nestes meses ...
Luns, 16 Marzo 2026«Na Galiza en galego» foi o clamor que se escoitou na mañá de sábado chuvioso do 14 de marzo na praza da Quintán de Compostela.
Queremos Galego, plataforma da que a CIG forma parte, vén de celebrar o 14 de marzo a asemblea na que someteu á aprobación da sociedade galega o Protocolo Lingua Vital. Este instrumento, en cuxa elaboración participou a CIG-Autonómica, ten como obxectivo reverter a emerxencia lingüística, e é froito do traballo de 57 entidades de ...
Luns, 16 Marzo 2026O día 10 de marzo de 2026 tiñamos unha convocatoria ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Servizos Centrais (SSCC) despois de case un ano dende a anterior reunión, que foi o 31/03/2025. Nesa reunión de 2025 a CIG xa preguntara polos resultados das medicións de radon nas diferentes oficinas de SSCC, ao que nos responderon que primeiro tiñan que reunirse co Comité Intercentros de Saúde Laboral e logo valorar as medidas que habería que tomar por causa deste gas canceríxeno. Nós ...
Xoves, 12 Marzo 2026
Convocado por Queremos Galego para presentar o protocolo «Lingua Vital», comezará o sábado 14 de marzo ás 12 h na Praza da Quintana en Compostela
A CIG chama a participar na asemblea nacional que a plataforma cidadá Queremos Galego ten convocada para o vindeiro sábado, 14 de marzo, en Santiago de Compostela contra a emerxencia lingüística.
O acto comezará ás 12 h na Praza da Quintana e durante el presentarase o protocolo resultado do proceso Lingua Vital, que parte dos obxectivos e dos ...
Xoves, 12 Marzo 2026No Día da Clase Obreira Galega, a central realizou 14 mobilizacións por todo o País, porque esta é a maneira de manter vivas e vixentes as loitas do 72.
Baixo o lema «Contra a precariedade e a desigualdade, na Galiza traballo digno, pobo con dereitos», a CIG mobilizouse este 10 de Marzo en 14 localidades para lembrar as loitas do ano 1972, durante as que foron asasinados en Ferrol pola policía franquista os traballadores da antiga Bazán, Amador Rei e ...
Xoves, 12 Marzo 2026Os votos en contra de PP e PSOE impediron aprobar a solicitude ao Goberno do Estado para instaurar por lei un mecanismo que impida a perda de poder adquisitivo
O pleno do Parlamento de Galiza rexeitou na mañá do 10 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, a proposición non de lei promovida pola CIG-Administración Pública que procuraba a creación por lei dunha cláusula de garantía salarial para que os salarios públicos sexan ...