Mércores, 28 Outubro 2026
Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a consellería convocounos a unha xuntanza para tratar de ultimar os cambios.
Despois de que a consellería explique as últimas ...
Martes, 27 Outubro 2026A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.
O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado fóra da mesa de negociación. Na CIG consideramos que este anuncio non pode substituír o diálogo nin pechar un proceso ...
Mércores, 21 Outubro 2026
Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas e que dea resposta ás necesidades específicas de cada centro.
A CIG leva as tarefas feitas, e xa enviamos, o que pode ser a base, para comezar a traballar ...
Mércores, 14 Outubro 2026
Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data.
ASUNTO: O que se considere oportuno
CORPO:
Ola,
Precisamos avanzar cara a un sistema público galego de servizos de atención ás persoas, que garanta ...
Mércores, 14 Outubro 2026
A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data!
Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente e facer que negocian.
Esta falta derespecto ás organizacións sindicais e ás traballadoras e traballadores é inadmisible.
...
Martes, 13 Outubro 2026
Neste boletín:
- E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión
- Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF
- Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos)
- Movementos tras o concurso ou destino definitivo
- Persoal non docente: chegou o momento de negociar
Descargar
Martes, 06 Outubro 2026
A Xunta suspende de novo en igualdade.
A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente:
As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo 1.3.d) do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Persoal Empregado Público, asegurarán o cumprimento das ...
Martes, 06 Outubro 2026A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade.
O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.
Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude volveu invocar a súa «vontade de acordo», sen acompañala de feitos nin de propostas que resolvan a situación do ...
Luns, 05 Outubro 2026
A CIG denuncia que a Xunta bloquea unha negociación efectiva ao non facilitar os datos reais da actividade, das cargas de traballo e de quen as desempeña.
As negociacións iniciadas o 8 de setembro non achegaron solucións e desembocaron nunha nova proposta de acordo que se trae á mesa o 5 de outubro, e que na CIG consideramos totalmente inaceptábel para un colectivo de persoal empregado público fortemente feminizado e especialmente maltratado, que xa sufriu conflitos laborais que derivaron ...