Novas por contido

Comunícanos a Administración a súa intención de convocar en breve o acto de elección de destino das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de titulado/a superior ambiental (2008). Achegan a listaxe de postos vacantes que se ofertarán co obxecto de que se presenten alegacións até o 11 de xaneiro ás 15.00h.

Fannos tamén a seguinte observación: a Consellería de Medio Rural proxecta a publicación dunha nova RPT (non era sen tempo) na que teñen prevista a amortización de tres postos desta categoría  (5, 11 e 12) e a creación doutros tres en distintas localidades (dous no parque natural Baixa Limia - Lobios- e unha no parque Dunar de Corrubedo - Ribeira-)

Descargar a listaxe de vacantes

Outras novas recentes

Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...
Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...