Novas por contido

A asociación de letrados a que pertence o novo Director Xeral da Función Pública, recorreu os procesos selectivos da Xunta de Galiza.

Vivir para ver, a Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia  a que pertence José María Barreiro, o novo director xeral de Función Pública do goberno de Alberto Nuñez Feixóo, recorreu as probas selectivas de funcionarios, convocadas no seu día pola antiga Directora Xeral de Función Pública.

No DOG de onte publícanse varias resolucións da Dirección Xeral de Función Pública emprazando aos interesados nos recursos contencioso-administrativos presentados pola Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia contra as Ordes polas que se convocan os procesos selectivos de consolidación de emprego dos distintos grupos profesionais, grupo A1, A2, C1, C2 e Agrupación de Funcionarios Subalternos.
 
A CIG denuncia a falta da ética máis elemental desta asociación de letrados -á que pertence o actual director da Función Pública- que en lugar de defender os intereses, as normas e demais resolucións que dita a Xunta de Galicia, se dedica precisamente a todo o contrario, a recorrer, a torpedear a actuación administrativa da Xunta de Galicia.

Como se pode entender e consentir que os letrados que teñen que defender a Xunta de Galicia, sexan os mesmos que recorran  unha Orde do Conselleiro de Presidencia e Administracións Públicas. Como se pode entender que os letrados que agora teñen que defender a Xunta de Galicia nos tribunais de xustiza sexan os mesmos que a través da Asociación recorreron as propias ordes da Xunta de Galicia?. Dende logo é dificil de entender.

Pero o máis lamentabel é que a última hora de onte nos comunica o Director Xeral da Función Pública que esta asociación desestiu da presentación do recurso. Desestiu? Pero non presentaban un recurso por un acto que eles entedía non se axustaba a Lei por parte da Xunta de Galiza?
 
Despois de estas novas de última hora, novas que non están confirmadas pero que ao ser anunciadas polo Director Xeral da Función Pública dende a C.I.G.-Autonómica lle damos toda a validez, denunciamos a esta asociación de “letrados” que non utiliza os recursos contencioso-administrativos para defender a legalidade, senón para defender os seus intereses espúreos, os seus intereses económicos. Persigue con estes recursos unicamente presionar á Xunta de Galicia para que lle mellore as retribucións aos seus socios, aos letrados, a conta precisamente duns pobres opositores que o único que perseguen e conquerir un posto de traballo. ¿Por qué non recorreron as convocatorias de temporais que se fixeron no seu día, auténticos chanchullos?, ¿Por qué  non recorreron no seu día as asistencias técnicas, que todos sabiamos que se utilizaban para colocar aos seus amigos?. Daquela estiveron calados, daquela nin muu. Ou é que co cambio de goberno xa son legais as oposicións?
 
Consideramos totalmente desacertado e dificil de explicar como un membro dunha asociación de letrados tan pouco leal coa Administración da Xunta de Galicia, é nomeado precisamente como director da Función Pública. ¿Que vai defender agora, as convocatorias publicadas no seu día no Diario Oficial de Galicia ou os recursos presentados pola súa asociación de letrados?, ainda que neste momento se desistira demostrando ainda unha menor lealdade, dende o noso punto de vista, xa que o Letrados da Xunta de Galiza non están ao servizo de ningunha cor política. O Presidente da Xunta,  A Conselleira de Facenda e Función Pública, o propio Director Xeral deben aclarar isto urxentemente.

 

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...